Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

miércoles, 9 de abril de 2014

Horto ecolóxico do Concello de Carballo

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO HORTO ECOLÓXICO MUNICIPAL
É un obxectivo da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, pór en valor a economía tradicional da zona entre as nenas e os nenos do Concello de Carballo.
Pretendemos que as vineiras xeracións establezan lazos efectivos coa súa contorna natural e valoren a terra como fonte de vida e desenvolvemento, aprendendo a non degradala e respectala deseñando actividades que seirvan para educar no medio , sobre o medio e para o medio.
Un horto ecolóxico infantil é o recurso que consideramos apropiado para levar a cabo este proxecto. O horto, é un recurso transversal no que se poden observar múltiples actividades relacionadas co coñecemento e o respecto do medio como son, economía, saúde, consumo, alimentación, reciclaxe...
Porén, dende a Concellaría de Promoción Económica e Turismo, vimos de transformar un espazo municipal na Rúa Nardos, nun horto ecolóxico. No recinto, contamos cunha ampla zona de cultivo ao ar libre, unha caseta destinada a almacén, unha aula, un invernadoiro e unha zona de compostaxe.
O obxectivo é que as nenas e os nenos participantes se divirtan ao tempo que se sensibilizan e se educan nos valores do medio rural e natural. Para iso, temos deseñadas toda unha serie de actividades que se van desenvolver durante os meses de primavera, verán e outono.
Para participar nas actividades, faranse grupos dun máximo de 20 nenas e nenos que poderán aproveitar os diferentes talleres que se programen semanalmente entre ás 16:30 e 19:30h (cada grupo hora e media) e que, de inicio, serán:

− A Nosa Horta

− Taller de Compostaxe

− Elaboración dun xardín ornamental

− Plantas aromáticas

As actividades serán gratuita e para a inscripción deberase chamar ao 981704700 entre o 9 e o 16 de abril entre ás 9 e as 14:30 h, e dár nome, apelidos, enderezo, e-mail(en caso de telo) e teléfone. As prazas concederanse por rigurosa orde de inscripción

Xosé Regueira

Concelleiro de Promoción Económica

e Turismo

xoseregueira@carballo.org

viernes, 18 de octubre de 2013

Seguro de accidentes para @s cativ@s Curso 2013-2014

Queridas familias:

Queremos comunicarvos que os vindeiros luns 21 e martes 22 de outubro, na sala de servizos múltiples do colexio, en horario de 09:05 a 09:30 horas, aquelas familias que o desexen poden suscribir o seguro colectivo de accidentes para as súas nenas e os seus nenos.
Lembrade que todos aqueles nenos que están realizando Actividades Extraescolares organizadas pola ANPA, xa están suscritos no mesmo seguro de accidentes, polo cal non é preciso que veñades a iscribirvos outra vez.
O custo anual do seguro son 6,00 €, no caso de quen participa nas Actividades Extraescolares da Anpa, xa sabedes que llo suscribe a ANPA de balde.

Graciñas e unha aperta para tod@s.


O Pedibus tamén na Cristina

A ANPA "Fonte da Cristina", ven de solicitar ó Concello de Carballo, a súa inclusión dentro do programa Pedibús, que pretende mellorar a movilidade en Carballo, e que as nenas e nenos da vila camiñen á escola cada día.
Este programa xa botou a andar no colexio Fogar de Carballo fai poucas datas, a idea e que na semana que ven se teñan os primeiros contactos co Concello, según se acordou con Xosé Regueira (Concelleiro de Xestión Municipal, Promoción Económica e Normalización Lingüística) que é a persoa que está coordinando a implantación do "Pedibús" en Carballo.
En vindeiras datas, reclamarase a participación das familias, para levar a cabo esta bonita iniciativa na que @s cativ@s son @s protagonistas, e que de seguro agradecerán as nosas rúas e tamen o medio ambiente.

Seguiremovos informando.

Unha aperta.

miércoles, 29 de mayo de 2013

As merendas dos nosos cativos

Hoxe  mércores tivo lugar na Cristina un Consello Escolar, no que entre outras cousas se debateu un punto relacionado coas "merendas de Infantil", ainda que tamén poderíamos extrapolalo ó resto de cursos do colexio, a petición da nosa compañeira Eva . Entre outras cousas deixouse sobre a mesa a posibilidade de facer algunha xuntanza ou xornada formativa sobre a nutrición e a alimentación d@s nos@s cativ@s, ó que a ANPA se quere sumar. 
Esperamos que en vindeiras datas poidamos concretar algo mais, do cal vos iremos informando.

A Cristina co San Luis Romero

Nestes días en Carballo, temos mais presente ca nunca ó colexio San Luis Romero, nos querémonos sumar ó apoio a este colexio veciño en todos os sentidos. A ANPA Fonte da Cristina leva mantido diversas xuntanzas durante o presente curso coa ANPA deste centro ó igual que coas demais do Concello de Carballo, nelas debateronse cousas do día a día dos nosos colexios e outras que trascenden mais ala de cada un de nos, e para nos foi un autentico pracer poder traballar con eles, so esperamos que eles poidan decir o mesmo de nos. 

Unha aperta

sábado, 18 de mayo de 2013

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA ANPA "Fonte da Cristina"

A ANPA “Fonte da Cristina” convoca a todos os socios á unha Asemblea Extraordinaria, a celebrar o vindeiro xoves día 30 de maio de 2013, no ximnasio do colexio, as 18:00 horas en primeira convocatoria, e 18:30 en segunda se fose preciso.

ORDE DO DIA:

  1. Lectura do Acta da anterior Asemblea e aprobación da mesma se procede.
  2. Información sobre Actividades Extraescolares de cara o vindeiro curso 2013-2014, avaliación das existentes.
  3. Organización se procede da festa de fin de curso 2012-2013 o vindeiro mes de Xuño (propostas, colaboracións, horarios, etc.).
  4. Eleccións da ANPA, renovación de cargos o vindeiro mes de setembro, organización interna da mesma, etc.
  5. Cambios no profesorado do colexio de cara o vindeiro curso, analise da realidade existente.
  6. Rolda de intervencións (rogos e preguntas).