Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

miércoles, 29 de junio de 2011

VENVIDA AS NOVAS FAMILIAS DE 4º DE INFANTIL

Nestas datas estase a formalizar a inscrición d@s nov@s nen@s de 4º de infantil de cara o vindeiro curso, aproveitamos para darlles a
venvida "A Cristina".
Pouco a pouco iremos dándolle mais información sobre como poden formar parte desta ANPA, así como das actividades que se desenvolveran durante o curso 2011-2012, e das que esperamos que formen parte activa.


jueves, 16 de junio de 2011

2ª ASEMBLEA EXTRAORDINARIA
DA ANPA "Fonte da Cristina"


Hoxe día 16/06/11 celebrouse a 2ª Asemblea da ANPA "Fonte da Cristina" no Ximnasio do colexio, tal e como é costume.

A ela asistiron 56 familias socias da ANPA. A asemblea celebrouse en 2ª convocatoria, as 18:30 horas ó non atoparse presente en 1ª convocatoria as 18:00 horas mais do 50% d@s soci@s.
Dende a directiva da ANPA queremos agradecer a tod@s @s presentes a súa asistencia, así como a súa colaboración.

Por parte da directiva da ANPA amosouse o desexo dunha maior presenza e participación das familias nas actividades que se celebran no colexio, tanto organizadas pola ANPA coma polo propio centro. Neste caso a resposta de tod@s @s asistentes foi moi positiva, polo que de cara ó novo curso, xa tod@s cun pouco mais de experiencia, agardamos seguir traballando xuntos, facendo equipos de traballo para os distintos eventos que se celebren no colexio e participando logo deles.
Neste sentido tentaremos permanecer en contacto con tod@s vos, tanto na vida diaria do colexio, como dende este mesmo blog, facendo que sexa o mais dinámico posible, sendo un segundo punto de encontro para todas as familias da Cristina.

Así mesmo fíxose un rápido repaso de todas aquelas subencións que se levan tramitado, concedidas ou non a ANPA. Se ven neste punto non se profundizou, xa que ó non estar o curso rematado, ainda non se ten completado moita desa tramitación. Emprazando @s soci@s para a Asemblea Xeral Ornidaria que terá lugar posiblemente nas primeiras semanas de setembro, e na que tamén se presentarán as contas pertencentes ó curso 2010-2011, xa que polo mesmo motivo tampouco están cerradas, pois pécharanse o próximo 30 de xuño.

Como punto central do día de hoxe tratouse a posible "implantación" dun uniforme tanto de rúa como deportivo no CEIP A Cristina. Na asemblea da ANPA levouse a cabo unha votación, co resultado de 40 votos a favor da súa implantación, e 1 voto en contra, abstendose o resto dos presentes. Deste xeito a ANPA "Fonte da Cristina"dou o seu apoio a este proceso.
Pola complexidade do procedemento de implantación do uniforme, neste blog crearemos en datas vindeiras un enlace específico, no que as familias que o desexen poderán facer un seguemento de todo o proceso durante o periodo de verán.

Esperamos que este resumo, vos sirva a todos aqueles que non poidechedes asistir a nosa Asemblea.

Xa sabedes que vos podedes dirixir a nos a través do noso correo electrónico "fontedacristina@gmail.com".

Moitas grazas e unha aperta dende a "fonte da cristina".