Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

martes, 26 de julio de 2011

Uniforme de rúa

Despois de facer diversas pescudas ó longo de estes xa casi dous meses, en diferentes tendas na vila, de cara a atopar e fixar un uniforme de rúa que se axeitara o máximo posible a opinión xeral das familias, ó fin chegouse a un acordo coa tenda "Tiana" sita na rúa Valle Inclán, xusto a carón da praza do Concello (Tenda Mayoral), a partires de hoxe día 26 de xullo xa se pode mercar alí dito uniforme.

  • O uniforme de rúa, estará formado por saia ou pantalón, polos de manga longa e curta e un xersei.
  • Debemos aclarar que as prendas como polos e xerseis, que levarán unha identificación do colexio en bordado, pódense mercar pero haberá que deixalo na tenda para que o manden a bordar. En canto o pago destas prendas, o que se fará é un pago anticipado neste primeiro momento, o importe do mesmo será da metade redondeando a baixa a múltiplos de cinco. E dicir se por exempro compramos prendas por valor de 55 euros, a metade serían 22,5 €, polo cal faríamos unha entrega de 20,00 €, se fixéramos compras por valor de 111,00 €, a metade serían 55,50€ polo que pagaríamos 55,00€ e así sucesivamente. Este primeiro pago descontaríano do prezo final que nos cobren cando nos entreguen a roupa xa bordada.
  • No referente a outras prendas coma saias ou pantalóns, que non levarán ningún tipo de inscripción bordada, xa se poden mercar e levar para a casa, aboando neste caso o 100% do seu prezo.
  • Ademais das prendas que forman o uniforme, tamén se pode consultar na tenda a dispoñibilidade de complementos como calcetíns, medias, etc.
  • A inclusión de outras prendas tales como parcas ou chaquetas de inverno personalizadas poderíanse afrontar nun futuro, sempre que un número determinado de familias trasmitise o seu interese.
  • Para o caso do uniforme de rúa, non vamos a abrir ningún prazo para encargalo, xa que neste momento xa se pode mercar directamente, Ainda así aconsellamos ir en canto se poida, xa que debido as datas nas que se xestionou, pódese dar o caso que algunhas tallas teñan problemas de suministro.
  • No referente novas familias d@s nen@s de cuarto de infantil, que este ano se incorporan ó colexio, rogamos que falen con Belen, que é a persoa encargada da tenda, xa que é moi posible que ó tratarse de tallas moi pequenas, non haxa estocaxe na tenda e se teña que encargar a fábrica, co retraso que isto pode provocar.

Para calquera consulta non dubidedes en mandarnos un e-mail.

Unha aperta
Evolución do proceso de
"Implantación" dun uniforme
de uso "non obrigatorio" no
CEIP A Cristina

Aquí recibiredes puntual información sobre o proceso aberto, relativo a "implantación" dun uniforme de uso "non obrigatorio" no CEIP A Cristina.(últimas novas 26/07/2011)

A ANPA "Fonte da Cristina", ven de abrir este proceso, que nace do feito de que un bo número de familias, lle fixeron chegar o seu interese pola posibilidade de establecer un uniforme no CEIP A Cristina. Ante a reiteración nesta proposta, a directiva da ANPA plantexou ante o Consello Escolar do centro a posibilidade de facer unha enquisa de opinión entre todas as familias do colexio, para que quen quixera mostrara o seu apoio ou a sua disconfomidade, deste xeito veríamos dunha forma mais obxetiva o verdadeiro interese dentro do conxunto das familias.
O Consello Escolar mostrouse de acordo por unanimidade de cara a realizar a citada enquisa.
A enquisa plantexouse as familias nas primeiras semás de xuño, fíxose de forma anónima, e nela as familias poideron mostrarse de acordo ou non co proceso de "implantación" do uniforme, e no caso de mostrarse a favor tamen podían poñer de manifesto a intención de usalo ou non de cara o vindeiro curso.
Na enquisa de caracter voluntario participaron 160 familias, esto tendo en conta que as 25 familias pertencentes a sexto curso de primaria o vindeiro curso xa non estarán no colexio, representa un porcentaxe de participación cercano o 85% do total de familias, e o resultado foi o seguinte:
  • A favor da implantación e dispostos a usar o uniforme : 110 (68,75%)
  • En contra da implantación : 43 (26,88%)
  • Votos non válidos : 7 (4,38%)
Unha vez coñecida a opinión das familias da Cristina no seu conxunto deuse o seguinte paso na Asemblea Extraordinaria da ANPA, celebrada o pasado día 16 de xuño, levouse a votación dos socios o seu apoio ó devandito proceso, da votación de dita Asemblea á que asistiron 56 familias socias obtívose o seguinte resultado:
  • A favor da implantación : 40 familias socias (72,73%)
  • En contra da implantación : 1 familia socia (1,82%)
  • Abstencións : 14 familias socias (25,45%)
Deste xeito a ANPA mostraba tamén o seu apoio ó proceso.

Este é o punto no que nos atopamos, a continuación no Consello Escolar que terá lugar mañán día 29 de xuño, e a proposta da ANPA, tamén se levará a votación o apoio o proceso.

A directiva da ANPA, pensa que a maneira de levar a cabo este procedemento, e contar coa opinión de cada un dos colectivos que forman parte da vida do CEIP A Cristina, é sen dubida a mais democrática posible, e deixa en evidencia que esta iniciativa que naceu nas propias familias, estase levando a cabo co apoio da maioría das mesmas, o cal a reforza.
Nestes intres estase tamén a consultar as 25 novas familias que o vindeiro curso se incorporarán a 4º de infantil, para saber tamén da súa opinión.

Para esta ANPA é tan importante a opinión de todos aqueles que se mostraron en contra da "implantación" do uniforme, como a de aqueles que argumentaron o seu apoio, así mesmo tamén se tiveron en conta as suxerencias que cada quen tivo a ben facer de cara a elección do uniforme mais axeitado, tanto no establecemento das suas características, como da relación calidade-prezo, e incluso en cuestións tan importantes como as de igualdade. Tentaremos dalos pasos mais axeitados, e oxalá ó fin, o resultado sexa o mais satisfactorio posible.

30/06/2011 Onte día 29 de xuño tivo lugar a sesión do Consello Escolar na que, a proposta da ANPA, se votou o apoio ou non deste órgano ó proceso de "implantación" do uniforme de uso "non obrigatorio" no CEIP A Cristina.
O Consello Escolar por unaniminade dou o seu apoio a dito proceso.
Unha vez obtido o beneplacito do Consello Escolar, de seguido darase o seguinte paso. Tendo en conta as pescudas realizadas pola ANPA nas distintas tendas que ofertan en Carballo "uniformes escolares", e as suxerencias ou opinións do colectivo de familias e tamén d@s mestr@s do colexio, procederase a realizar a elección daquel "modelo" que estimemos mais cercano a todas elas.
Proximamente teredes mais información sobre os modelos de uniforme elexidos, donde se poden comprar tanto o de rúa como o deportivo, e en que datas estarán a disposición para probar tallas, etc.

04/07/2011 A semana pasada cerrouse a "elección" do uniforme deportivo (chandal) do CEIP A Cristina a partires do vindeiro curso, dito uniforme está a disposición de todos aqueles que o desexen na tenda Deportes San Remo (Rúa San Xosé, que vai dende a igrexa cara a Lagoa).
Prégase as familias que estén interesadas en mercalo, que dende mañá 5 de xullo ata o domingo 24 de xullo pasen por dita tenda para facelo pedido, xa que deste xeito poderase tramitar todo xunto para tentar que estea aquí antes do comezo do curso, no mes de agosto as fábricas polo xeral permanecen pechadas co cal os pedidos poderían retrasarse.
De calquera xeito ó longo do curso, quen o prefira poderao seguir mercando.
O custo do mesmo é de 36,00 €.
No momento da encarga haberá que facer efectivo un adianto de 10,00€, que será descontado do prezo final cando se entregue o uniforme.
Ademais adicionalmente tamén se poderá mercar na mesma tenda, unha camista técnica (deportiva) e mais un pantalón curto persoanlizados para A Cristina, por un prezo conxunto aproximado de 12,00€.
Esperamos que sexa do voso agrado.


26/07/2011 Despois de facer diversas pescudas ó longo de estes xa casi dous meses, en diferentes tendas na vila, de cara a atopar e fixar un uniforme de rúa que se axeitara o máximo posible a opinión xeral das familias, ó fin chegouse a un acordo coa tenda "Tiana" sita na rúa Valle Inclán, xusto a carón da praza do Concello (Tenda Mayoral), a partires de hoxe día 26 de xullo xa se pode mercar alí dito uniforme.
  • O uniforme de rúa, estará formado por saia ou pantalón, polos de manga longa e curta e un xersei.
  • Debemos aclarar que as prendas como polos e xerseis, que levarán unha identificación do colexio en bordado, pódense mercar pero haberá que deixalo na tenda para que o manden a bordar. En canto o pago destas prendas, o que se fará é un pago anticipado neste primeiro momento, o importe do mesmo será da metade redondeando a baixa a múltiplos de cinco. E dicir se por exempro compramos prendas por valor de 55 euros, a metade serían 22,5 €, polo cal faríamos unha entrega de 20,00 €, se fixéramos compras por valor de 111,00 €, a metade serían 55,50€ polo que pagaríamos 55,00€ e así sucesivamente. Este primeiro pago descontaríano do prezo final que nos cobren cando nos entreguen a roupa xa bordada.
  • No referente a outras prendas coma saias ou pantalóns, que non levarán ningún tipo de inscripción bordada, xa se poden mercar e levar para a casa, aboando neste caso o 100% do seu prezo.
  • Ademais das prendas que forman o uniforme, tamén se pode consultar na tenda a dispoñibilidade de complementos como calcetíns, medias, etc.
  • A inclusión de outras prendas tales como parcas ou chaquetas de inverno personalizadas, poderíanse afrontar nun futuro, sempre que un número determinado de familias trasmitise o seu interese.
  • Para o caso do uniforme de rúa, non vamos a abrir ningún plazo para encargalo, xa que neste momento xa se pode mercar directamente. Ainda así aconsellamos ir en canto se poida, xa que debido as datas nas que se xestionou, pódese dar o caso que algunhas tallas teñan problemas de suministro.
  • No referente as novas familias d@s nen@s de cuarto de infantil, que este ano se incorporan ó colexio, rogamos que falen con Belen, que é a persoa encargada da tenda, xa que é moi posible que ó tratarse de tallas moi pequenas, non haxa estocaxe na tenda e se teña que encargar a fábrica, co retraso que isto pode provocar.

Para calquera consulta non dubidedes en mandarnos un e-mail.

Seguide atentos, seguirémovos informando.

Unha aperta.


domingo, 3 de julio de 2011


Uniforme deportivo

A partires de mañá martes día 5 de xullo de 2011, quen o desexe, ten a súa disposición na tenda "Deportes San Remo" de Carballo (Rúa San Xosé, que vai dende a igrexa cara a Lagoa) o “uniforme deportivo” (chandal), que foi escollido para o Colexio A Cristina a partires do vindeiro curso.

Aconsellamos que aquelas familias que queiran encargar dito uniforme o fagan dende mañá martes día 5 ata o domingo día 24 de xullo inclusive, de xeito que antes de agosto esta tenda poida facer o pedido conxunto e así tentemos telos para cando comece o curso.

O custo de cada un é de 36,00 €.

No momento da encarga, haberá que facer efectivo un adianto de 10,00€, que será descontado do prezo final cando se entregue o uniforme.

A maiores quen así o desexe terá a súa disposición unha camiseta técnica (deportiva), e mais un pantalón tamén personalizados para A Cristina polo prezo de 12,00€ o conxunto aproximadamente.

Agardamos que dentro do posible este Uniforme sexa do agrado das nosas familias.

Unha aperta