Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

martes, 15 de noviembre de 2011

Programa de apertura de Centros fora de horario lectivo


O luns día 14 de novembro de 2011, deu comezo o “Programa de Actividades en Centros Educativos Públicos fora do horario lectivo”, que oferta o Concello de Carballo coa colaboración das ANPAS dos centros.

Como ben sabedes esta Actividade que é totalmente gratuíta para @s nen@s, xira o redor das técnicas de estudo:

· Formación en técnicas de estudo.

· Prácticas a través de lectura de textos e elaboración de resumos

· Elaboración de esquemas.

· Etc.

Os métodos de estudo, e o seu desenvolvemento o longo da vida escolar d@s cativ@s, marcan en moitos casos a diferencia entre o éxito ou o fracaso escolar, xa que a medida que progresan na súa formación académica, precisan o marxe das súas capacidades, unha metodoloxía para aproveitar en maior medida os novos coñecementos, e que este proceso de captación de información sexa o mais estructurado posible.

Recordade que ainda quedan prazas libres e tod@s aquel@s nen@s que queiran inscribirse neste programa poden facelo polo de agora.

Para facelo pódense dirixir a dirección do CEIP A Cristina, ou directamente a calquera membro da ANPA, tamén enviando un correo electrónico o noso e-mail fontedacristina@gmail.com.

Recordamos que este programa se vai a desenrolar o longo de todo o curso, todos os luns de 16:00 a 18:00 horas.

Agardamos que @s nos@s cativ@s poidan aproveitar esta Actividade, e que a mesma lles sexa de utilidade.

Se tedes algún tipo de consulta ou suxerencia, non o dubidedes en facernola chegar.

Grazas polo vosa colaboración, unha aperta.