Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

miércoles, 17 de octubre de 2012

Comezo das Actividades Extraescolares

Moi boas a tod@s:

Esta semana comezan as Actividades Extraescolares, os horarios que están previstos son os que se amosan na seguinte taboa:
Nesta taboa non están todas as Actividades que inicialmente se propuxeran, senón aquelas para as que se acadou o número necesario de de alumn@s, para poder facer un grupo mínimo.
A maiores delas tamén decir que a Actividade de Kárate, tamén dará comezo esta semana, pero que se impartirá nas instalacións de "Karate Do", que eran os monitores que viñan dando esta actividade nos últimos anos, pero que por motivo de non acadar un número mínimo de alumnos, ofreceronnos a posibilidade de que funcionase a Actividade pero deste xeito.
En calquera das actividades que comezan pode apuntarse ainda que o desexe, se houbera alguén interesado en algunha outra das que non se fixo grupo, que se poña en contacto connosco igualmente por si ainda se poidera constituir.
Este ano o pago das Actividades farase os martes ou os venres da primeira semana de cada mes, no aula de usos múltiples do colexio, as 9:00 horas.
A primeira semana de novembro farase o pago de novembro e tamén dos quince días de outubro, e decir mes e medio.

Grazas e unha aperta


jueves, 11 de octubre de 2012

PROCESO DE RENOVACIÓN DE CARNET DE SOCIO
E
INSCRIPCIÓN DE NOVOS SOCIOS
DA ANPA
"Fonte da Cristina"

Como sabedes ven de rematar o prazo de renovación de carnets de soci@s da ANPA "Fonte da Cristina" de cara o curso 2012-2013.
Este prazo que en principio se abreu para facilitar as familias a renovación e pago das cotas, non significa en absoluto que a partires de agora quen o desexe non poida ainda facerse socio da ANPA. Simplemente a partir de agora en lugar de facer o pago nas horas que se estableceran no aula de usos múltiples, o que terá que facer e poñerse en contacto connosco de calquera dos xeitos de costume (persoalmente ou mediante correo electrónico) e xa tramitaremos a renovacion ou alta de carnet de soci@.

- A cota de socio é de 10,00 €.


Unha aperta.

A Xunta Directiva.

lunes, 8 de octubre de 2012



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
ANPA “Fonte da Cristina”
Seguindo coa oferta de Actividades Extraescolares, e en vista de que na enquisa feita o curso pasado se demandaban actividades relacionadas con deportes de raqueta, despois de valorar as posibilidades que existen no Concello de Carballo, atopamonos que a única posibilidade real é a práctica do “Padel”, e dentro deste deporte o clube “3D3” sito no polígono de Bertoa achegounos a súa oferta, que vai dende a práctica do deporte en si nas súas instalacións ata a posibilidade de cursos de iniciación e perfeccionamento con monitores con título nacional.
Os prezos son moi diversos, e oscilan entre os 1,5€ e 3,5€ por sesión (hora e media), para a práctica do Padel, ou os 24,00€ mensuales para cursos, que constarían de unha clase semanal, e no prezo incluiríanse o uso das instalacións,un monitor con tútulo nacional, así como o material (raquetas, pelotas, etc).
Estes prezos solamente son orientativos xa que en función dos nenos interesados, poderían variar, e ademais o clube ofertanos para a xente interesada unha “clase” inicial gratis, para que cada quen valore se lle interesa ou non.
As instalacións constan de 5 pistas de Padel cubertas, que acaban de ser estreadas, así como vestiarios, cafetería, etc. (www.3d3padel.com)
O que nos gustaría coñecer é o número de nen@s que estaría interesada en asistir a estas clases, ou no seu caso a prácticar Padel directamente, para poder valorar a posibilidade de facer grupos, etc. Para elo precisamos que dende hoxe e ata o día 20 de outubro no lo fagades saber, ben directamente a calquera membro da ANPA ou ben por correo electrónico.

domingo, 23 de septiembre de 2012

Asemblea Ordinaria xoves 20 de setembro de 2012 Actividades Extraescolares

Queremos a través de esta entrada dar a coñecer ó maior número posible de familias os temas que se trataron o pasado xoves día 20 na Asemblea que se celebrou no Colexio.
O primeiro tema que se tratou foron as Actividades Extraescolares.
Como sabedes ata o de agora estábanse a organizar Actividades Lúdico-Culturais, Educativas e tamén deportivas, e dentro de estas últimas podíamos diferenciar entre as que organizaba a propia ANPA, e as que se organizaban a través do Padroado Deportivo Municipal.
Pois ben, independientemente que se poidan ampliar nun futuro, en base as enquisas organizadas pola propia ANPA, a Academia Enter e tamén o Concello de Carballo, orientáronse as Actividades que este ano se ofertan as familias da Cristina.
Así cerraronse as relacionadas coa aprendizase de idiomas mediante o xogo, música, etc, tamén as relacionadas con novas tecnoloxias, e puxémonos en contacto con diversos clubes deportivos de Carballo coa intención de organizar as Actividades Deportivas, despois de mais de un mes de contactos, dende mediados de agosto a situación é a seguinte:
  1. A situación resúmese no seguinte cadro:

En coordinación ca Academia Enter ofrécese:
  •  Inglés 1º, para infantil e primeiro de primaria, o custo e de 11,00 € ó mes, o horario previsto será de 16:00 a 17:00 horas os martes.
  • Inglés 2º, para os cursos dende 2º a 6º de primaria, o custo é de 11,00 ó mes, o horario previsto será de 17:00 a 18:00 horas os martes.
Esta calificación por cursos será orientativa, xa que dependerá mais do nivel de coñecementos de cada neno, que do curso no que estea matriculado. 
  • Este ano como novidade ofertarase outra modalidade de Inglés a través tamén da Academia Enter, que este ano está homologada para ofrecer a formación para prepararse para a obtención do certificado dos distintos niveis de "Trinity College London", recoñecidos a nivel europeo e cada vez mais demandados á hora de certificar un determinado nivel de coñecemento dun idioma. O profesor formará a cada alumno dependendo do seu nivel, ofrecéndolle a posibilidade o remate do curso de presentarse a un exame, na que persoal de "Trinity" evaluará o seu nivel de coñecementos. Tendo así a posibilidade de obter os pertinentes titulos. Está orientado para nen@s de mais de sete anos e en principio previsto para os mércores de 16:30 a 18:00 horas, tendo un custo de 30,00€ por neno e mes, exames aparte.
  • Informática para os cursos dende 2º a 6º de primaria, o custo é de 16,00€ ó mes, o horario previsto será de 16:30 a 18:00 horas os xoves.
A partir de aquí é onde se nos presenta o verdadeiro problema, levamos dende mediados de agosto, pendientes da decisión do Padroado Deportivo Municipal e do propio Concello, para ver cal é a decisición sobre a organización este ano das Actividades Deportivas, despois de varios intentos fomos convocados o pasado luns, día 17, da cal realmente non se sacaron moitas conclusións aparte da indecisión do propio Concello e do Padroado ó respecto. Quedaron en convocarnos a todas as ANPAS do Concello nesta mesma semana, pero xa rematou a ainda non temos coñecemento da reunión. 
A proposta da ANPA ó Concello foi que o diñeiro destinado cada ano a organizar as Actividades Deportivas do Padroado na Cristina (entre 3.500,00€ e 4.000,00€), lle fose concedido a esta ANPA, para que poidera xestionalo subencionando as Actividades deportivas que cada ano se organizan no noso colexio. Esta proposta non é única da nosa ANPA, xa que esta idea tamén a comparte outras ANPAS de outros colexios de Carballo.
Ante a falta de propostas do Concello, aceptando este plantexamento ou propoñendo outro, decidimos planificar aquelas Actividades que podemos e propoñendo un custo inicial, que logo se poidera ver reducido se tiveramos algunha axuda por parte do Concello.

  • Hockey: que pasaríamos a ofertalo en cooperación ca Escola de Hockey "Lubiáns", en principio estaría previsto para os luns e os mércores de 16;00 a 17:00 horas, e terían un custo de 6,00€ por neno ó mes. Estaría ofertado para todalas idades, dende 3 a 12 anos.
  • Kárate: ofertado para nenos maiores de 5 anos, sería os mércores e os venres de 17:00 horas a 18:00 horas e tería un custo de 11,00€ un día a semana ou 22,00€ dous días a semana.
  • Ciclismo: este ano pasaría a ser de pago, estando organizado en dous grupos, os xoves de 16:00 a 17:00 horas para os mais inexpertos e de 17:00 a 18:00 horas para perfeccionamento. O custo inicialmente establecido sería de 10,00€ ó mes por neno.
  • Aerobic-Zumba-Baile: Nesta Actividade os nenos poderan adestrar a coordinación no exercicio físico e o baile ou a música, a idea e que trimestralmente se vaia rotando o tipo de actividade, levaríase a cabo os venres de 16:00 a 17:00 horas e tería un custo de 11,00€ por neno ó mes.
Estes prezos inicialmente establecidos poderían sufrir reduccións importantes unha vez que resolva o Padroado, pero ata o de agora, son os que temos.

Así mesmo estamos en contacto coas Escolas Luis Calvo, para desenrolar a Actividade de Fútbol no colexio, e poder desplazarse tamén un día a semana as Eiroas para competir.
Tamén estamos traballando con algún clube de Atletismo, pero ainda non concretamos horarios nen prezos.
Outras alternativas son o traballo da psicomotricidade para os pequenos ou os deportes de raqueta.
Todas estas propostas estan pendentes dos acordos que se tomen a nivel municipal, pero que a estas alturas, moi ó noso pesar estas totalmente parados.

Así pois se queredes formalizar a vosa inscripción en:
  • Inglés
  • Informática
  • Hockey
  • Kárate
  • Bicicleta
  • Aerobic-Zumba-Baile
Podedes facelo cubrindo o formulario que mais abaico adxuntamos, facéndonolo chegar coma de costume.
Como novidade este ano as Actividades pagaranse a primeira semana de cada mes, a primeira hora na aula de usos múltiples, nas datas que mais adiante se facilitarán, deste xeito non interferirán no comezo das distintas actividades no seu horario habitual.

Seguiremovos informando.



miércoles, 12 de septiembre de 2012



CONVOCATORIA DE
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
E DE ELECCIÓNS DE DIRECTIVA DA
ANPA “Fonte da Cristina”

A ANPA “Fonte da Cristina” ven de cumprir dous anos, polo cal tal e como indican os seus estatutos, convoca eleccións a súa Xunta Directiva, deste xeito anima a todos @s soci@s á participar nas eleccións á xunta directiva desta ANPA, que se celebrará o vindeiro xoves día 27 de setembro de 2012, no ximnasio do colexio, as 18:30 horas en primeira convocatoria, e 19:00 en segunda se fose preciso.
§      Ábrese un prazo ata o 22 de setembro para que aquel@s soci@s que o desexen, presenten a súa candidatura, que deberá de contar de un mínimo de 5 e un máximo de 12 compoñentes.
§      Dende ese día 22 e ata o día 27 verificaranse ditas cantidaturas e expoñeranse no taboleiro da ANPA antes do devantido día 27, no que se celebrarán as eleccións.
§      As candidaturas poderanse entregar a calquera dos membros da actual directiva da ANPA, á entrada dos nenos no colexio (9:00 horas) ou a súa saida (14:00 horas), por duplicado para que se lle devolva unha copia selada pola ANPA. Ou ben enviando un correo a dirección de correo electrónico da ANPA “fondedacristina@gmail.com” , dende o cal recibirá unha confirmación da inscripción da súa candidatura.
§      Na presentación das candidaturas, indicarase o nome completo, dirección e N.I.F. de cada un dos seus compoñentes, así como o seu nùmero de socio da ANPA.

ORDE DO DIA DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO DÍA 27 DE SETEMBRO:

        I.      Lectura do Acta da anterior Asemblea e aprobación da mesma se procede.
      II.      Composición da mesa electoral por parte do Presidente e a Secretaria da ANPA.
   III.      Elección por parte da Asemblea da forma na aque se efectuará o voto, anónima ou personalizada.
    IV.      Entrega a cada soci@ asistente dunha copia da composición das distintas candidaturas, para que poidan efectuar o seu voto.
      V.      Reconto de votos e nomeamento dos socios elexidos para formar a nova directiva da ANPA.
    VI.      Rolda de Intervencións (rogos e preguntas).

miércoles, 13 de junio de 2012

Uniforme deportivo da Cristina

Ó igual que dicíamos a principios de semana, de cara ó vindeiro curso 2012-2013 tamén imos abrir un prazo, para que aquelas familias que o desexen poidan pasar pola tenda "Deportes San Remo", sita na rúa San José de Carballo(frente a igrexa), para reservar o uniforme deportivo do CEIP A Cristina. 
Neste intrés ainda se pode mercar directamente, posto que quedan diversas unidades de cada talla, pero non se pode garantir que sexan suficientes para todos, por este motivo se abre un prazo dende o 1 ó 15 de xullo para facer a reserva de cara ó vindeiro curso.
Aquela xente que non faga a reserva neste prazo, poderá facela posteriormente pero sen a seguridade de que estes pedidos cheguen a tempo para o comezo do novo curso.
Comentar tamén ás familias, que se pode mercar o pantalón do chandal por separado, para aquel@s cativ@s que non precisen a parte de arriba.
Ó igual que no curso pasado tamén se poden mercar unha camiseta e un pantalón deportivo a moi bo prezo.
Todas estas prendas mercadas en Deportes San Remo, serán enviadas por esta tenda a "personalizar" co logotipo da Cristina.

lunes, 11 de junio de 2012

Uniforme de rúa no CEIP A Cristina curso 2012-2013

Boas tardes a tod@s:

Estamos a piques de rematar este curso 2011-2012, no que se realizou a implantación do uniforme, tanto de rúa como deportivo no noso colexio; e queremos recordar a todas as familias que durante o próximo mes de xullo de 2012, quen o desexe poderá pasar pola tenda "Tiana" (Mayoral), sita na rúa Valle Inclán de Carballo, mesmo a carón da praza do Concello; nela poderá reservarse o uniforme de rúa de cara o vindeiro curso 2012-2013. 
Ainda quedan prendas soltas que se poden mercar quen así o desexe, para aquel@s cativ@s que xa non teñan tallas, farase unha reserva durante este mes de xullo de 2012 e as prendas poderanse recoller a finais do verán, xusto antes de que comece o curso tal e como ocorreu o ano pasado.
Tamén ó igual que ocorreu o ano pasado farase o pago de aproximadamente o 50% do prezo no momento da reserva do uniforme, e o resto no momento da súa recollida.

Unha aperta para tod@s.

jueves, 1 de marzo de 2012

Agradecemento

As veces durante o trascurrir da vida de cada un de nos, atópaste con persoas que dende logo non nos deixan indiferentes, isto vai dedicado a unha delas.

Pois ben, onte foi o último día que "Siro" formou parte da xente que día a día traballa na Cristina, e decimos "que traballa na Cristina", pois da familia da Cristina xa vai a formar parte mentras el queira, iso é un dereito que se gañou de sobra.

Moitas grazas Siro por todos estes meses de traballo e dedicación, pois pensamos que foi algo mais que traballo.

Isto que escribe a directiva da ANPA "Fonte da Cristina", asínao cada un dos socios da mesma e pensamos sen lugar a erro, que cada unha das familias da Cristina.

Pero que isto non pareza un adeus, que sexa una "ata logo", ata cando ti queiras Siro.

Unha aperta e grazas outra vez.


martes, 28 de febrero de 2012

Festa do Antroido

Como sabedes o pasado 17 de febreiro de 2012 tivemos a festa do Antroido na Cristina, pois ben moitas familias colaboraron levando doces típicos destas datas, tanto pola mañán o Colexio, como pola tarde a festa do Antroido.

Como ó remate da xornada ainda quedaba un gran cantidade destes agasallos, a ANPA decidíu entregalos na Parroquia de San Juan Bautista de Carballo, para así contribuir a obra social cos mais necesitados que alí levan a cabo.

Grazas a tod@s pola vosa colaboración e esperamos que a decisión tomada sexa do voso agrado.

Unha aperta.

jueves, 23 de febrero de 2012

A Cristina campo a través

Nos últimos meses o noso Colexio está participando nos distintos campionatos de Campo a Través, que se levan celebrado na provincia da A Coruña, e tamén a nivel Galego.
Primeiro foi o comarcal de Carballo celebrado en Bertoa, logo o intercomarcal que tivo lugar en Culleredo e finalmente o Provincial da Pobra do Caramiñal.
En todos eles A Cristina obtivo un resultado notable, tanto individualmente como por equipos, clasificándo primeiro a moit@s cativ@s nese primeiro campionato comarcal, despois no intercomarcal e finalmente obtendo resultados moi meritorios no Campeonato Provincial da Pobra.
Despois deste último, seguimos a ter a nen@s da Cristina clasifica@s para o Campeonato Galego que se celebrará esta fin de semana.
Por todo elo, dende esta ANPA queremos felicitar a tod@s @s nos@s cativ@s, as familias, o equipo do profesorado de Educación Física do colexio, e a propia directiva do Colexio da Cristina polo esforzo que están realizando, tanto no día a día preparando e organizando as competicións, como nas fins de semana participando nestes campeonatos.
Noraboa a tod@s, e que os éxitos sigan, que non é mais que o reflexo dun bo traballo.