Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

domingo, 23 de septiembre de 2012

Asemblea Ordinaria xoves 20 de setembro de 2012 Actividades Extraescolares

Queremos a través de esta entrada dar a coñecer ó maior número posible de familias os temas que se trataron o pasado xoves día 20 na Asemblea que se celebrou no Colexio.
O primeiro tema que se tratou foron as Actividades Extraescolares.
Como sabedes ata o de agora estábanse a organizar Actividades Lúdico-Culturais, Educativas e tamén deportivas, e dentro de estas últimas podíamos diferenciar entre as que organizaba a propia ANPA, e as que se organizaban a través do Padroado Deportivo Municipal.
Pois ben, independientemente que se poidan ampliar nun futuro, en base as enquisas organizadas pola propia ANPA, a Academia Enter e tamén o Concello de Carballo, orientáronse as Actividades que este ano se ofertan as familias da Cristina.
Así cerraronse as relacionadas coa aprendizase de idiomas mediante o xogo, música, etc, tamén as relacionadas con novas tecnoloxias, e puxémonos en contacto con diversos clubes deportivos de Carballo coa intención de organizar as Actividades Deportivas, despois de mais de un mes de contactos, dende mediados de agosto a situación é a seguinte:
  1. A situación resúmese no seguinte cadro:

En coordinación ca Academia Enter ofrécese:
  •  Inglés 1º, para infantil e primeiro de primaria, o custo e de 11,00 € ó mes, o horario previsto será de 16:00 a 17:00 horas os martes.
  • Inglés 2º, para os cursos dende 2º a 6º de primaria, o custo é de 11,00 ó mes, o horario previsto será de 17:00 a 18:00 horas os martes.
Esta calificación por cursos será orientativa, xa que dependerá mais do nivel de coñecementos de cada neno, que do curso no que estea matriculado. 
  • Este ano como novidade ofertarase outra modalidade de Inglés a través tamén da Academia Enter, que este ano está homologada para ofrecer a formación para prepararse para a obtención do certificado dos distintos niveis de "Trinity College London", recoñecidos a nivel europeo e cada vez mais demandados á hora de certificar un determinado nivel de coñecemento dun idioma. O profesor formará a cada alumno dependendo do seu nivel, ofrecéndolle a posibilidade o remate do curso de presentarse a un exame, na que persoal de "Trinity" evaluará o seu nivel de coñecementos. Tendo así a posibilidade de obter os pertinentes titulos. Está orientado para nen@s de mais de sete anos e en principio previsto para os mércores de 16:30 a 18:00 horas, tendo un custo de 30,00€ por neno e mes, exames aparte.
  • Informática para os cursos dende 2º a 6º de primaria, o custo é de 16,00€ ó mes, o horario previsto será de 16:30 a 18:00 horas os xoves.
A partir de aquí é onde se nos presenta o verdadeiro problema, levamos dende mediados de agosto, pendientes da decisión do Padroado Deportivo Municipal e do propio Concello, para ver cal é a decisición sobre a organización este ano das Actividades Deportivas, despois de varios intentos fomos convocados o pasado luns, día 17, da cal realmente non se sacaron moitas conclusións aparte da indecisión do propio Concello e do Padroado ó respecto. Quedaron en convocarnos a todas as ANPAS do Concello nesta mesma semana, pero xa rematou a ainda non temos coñecemento da reunión. 
A proposta da ANPA ó Concello foi que o diñeiro destinado cada ano a organizar as Actividades Deportivas do Padroado na Cristina (entre 3.500,00€ e 4.000,00€), lle fose concedido a esta ANPA, para que poidera xestionalo subencionando as Actividades deportivas que cada ano se organizan no noso colexio. Esta proposta non é única da nosa ANPA, xa que esta idea tamén a comparte outras ANPAS de outros colexios de Carballo.
Ante a falta de propostas do Concello, aceptando este plantexamento ou propoñendo outro, decidimos planificar aquelas Actividades que podemos e propoñendo un custo inicial, que logo se poidera ver reducido se tiveramos algunha axuda por parte do Concello.

  • Hockey: que pasaríamos a ofertalo en cooperación ca Escola de Hockey "Lubiáns", en principio estaría previsto para os luns e os mércores de 16;00 a 17:00 horas, e terían un custo de 6,00€ por neno ó mes. Estaría ofertado para todalas idades, dende 3 a 12 anos.
  • Kárate: ofertado para nenos maiores de 5 anos, sería os mércores e os venres de 17:00 horas a 18:00 horas e tería un custo de 11,00€ un día a semana ou 22,00€ dous días a semana.
  • Ciclismo: este ano pasaría a ser de pago, estando organizado en dous grupos, os xoves de 16:00 a 17:00 horas para os mais inexpertos e de 17:00 a 18:00 horas para perfeccionamento. O custo inicialmente establecido sería de 10,00€ ó mes por neno.
  • Aerobic-Zumba-Baile: Nesta Actividade os nenos poderan adestrar a coordinación no exercicio físico e o baile ou a música, a idea e que trimestralmente se vaia rotando o tipo de actividade, levaríase a cabo os venres de 16:00 a 17:00 horas e tería un custo de 11,00€ por neno ó mes.
Estes prezos inicialmente establecidos poderían sufrir reduccións importantes unha vez que resolva o Padroado, pero ata o de agora, son os que temos.

Así mesmo estamos en contacto coas Escolas Luis Calvo, para desenrolar a Actividade de Fútbol no colexio, e poder desplazarse tamén un día a semana as Eiroas para competir.
Tamén estamos traballando con algún clube de Atletismo, pero ainda non concretamos horarios nen prezos.
Outras alternativas son o traballo da psicomotricidade para os pequenos ou os deportes de raqueta.
Todas estas propostas estan pendentes dos acordos que se tomen a nivel municipal, pero que a estas alturas, moi ó noso pesar estas totalmente parados.

Así pois se queredes formalizar a vosa inscripción en:
  • Inglés
  • Informática
  • Hockey
  • Kárate
  • Bicicleta
  • Aerobic-Zumba-Baile
Podedes facelo cubrindo o formulario que mais abaico adxuntamos, facéndonolo chegar coma de costume.
Como novidade este ano as Actividades pagaranse a primeira semana de cada mes, a primeira hora na aula de usos múltiples, nas datas que mais adiante se facilitarán, deste xeito non interferirán no comezo das distintas actividades no seu horario habitual.

Seguiremovos informando.



miércoles, 12 de septiembre de 2012



CONVOCATORIA DE
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
E DE ELECCIÓNS DE DIRECTIVA DA
ANPA “Fonte da Cristina”

A ANPA “Fonte da Cristina” ven de cumprir dous anos, polo cal tal e como indican os seus estatutos, convoca eleccións a súa Xunta Directiva, deste xeito anima a todos @s soci@s á participar nas eleccións á xunta directiva desta ANPA, que se celebrará o vindeiro xoves día 27 de setembro de 2012, no ximnasio do colexio, as 18:30 horas en primeira convocatoria, e 19:00 en segunda se fose preciso.
§      Ábrese un prazo ata o 22 de setembro para que aquel@s soci@s que o desexen, presenten a súa candidatura, que deberá de contar de un mínimo de 5 e un máximo de 12 compoñentes.
§      Dende ese día 22 e ata o día 27 verificaranse ditas cantidaturas e expoñeranse no taboleiro da ANPA antes do devantido día 27, no que se celebrarán as eleccións.
§      As candidaturas poderanse entregar a calquera dos membros da actual directiva da ANPA, á entrada dos nenos no colexio (9:00 horas) ou a súa saida (14:00 horas), por duplicado para que se lle devolva unha copia selada pola ANPA. Ou ben enviando un correo a dirección de correo electrónico da ANPA “fondedacristina@gmail.com” , dende o cal recibirá unha confirmación da inscripción da súa candidatura.
§      Na presentación das candidaturas, indicarase o nome completo, dirección e N.I.F. de cada un dos seus compoñentes, así como o seu nùmero de socio da ANPA.

ORDE DO DIA DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DO DÍA 27 DE SETEMBRO:

        I.      Lectura do Acta da anterior Asemblea e aprobación da mesma se procede.
      II.      Composición da mesa electoral por parte do Presidente e a Secretaria da ANPA.
   III.      Elección por parte da Asemblea da forma na aque se efectuará o voto, anónima ou personalizada.
    IV.      Entrega a cada soci@ asistente dunha copia da composición das distintas candidaturas, para que poidan efectuar o seu voto.
      V.      Reconto de votos e nomeamento dos socios elexidos para formar a nova directiva da ANPA.
    VI.      Rolda de Intervencións (rogos e preguntas).