Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

miércoles, 17 de octubre de 2012

Comezo das Actividades Extraescolares

Moi boas a tod@s:

Esta semana comezan as Actividades Extraescolares, os horarios que están previstos son os que se amosan na seguinte taboa:
Nesta taboa non están todas as Actividades que inicialmente se propuxeran, senón aquelas para as que se acadou o número necesario de de alumn@s, para poder facer un grupo mínimo.
A maiores delas tamén decir que a Actividade de Kárate, tamén dará comezo esta semana, pero que se impartirá nas instalacións de "Karate Do", que eran os monitores que viñan dando esta actividade nos últimos anos, pero que por motivo de non acadar un número mínimo de alumnos, ofreceronnos a posibilidade de que funcionase a Actividade pero deste xeito.
En calquera das actividades que comezan pode apuntarse ainda que o desexe, se houbera alguén interesado en algunha outra das que non se fixo grupo, que se poña en contacto connosco igualmente por si ainda se poidera constituir.
Este ano o pago das Actividades farase os martes ou os venres da primeira semana de cada mes, no aula de usos múltiples do colexio, as 9:00 horas.
A primeira semana de novembro farase o pago de novembro e tamén dos quince días de outubro, e decir mes e medio.

Grazas e unha aperta


jueves, 11 de octubre de 2012

PROCESO DE RENOVACIÓN DE CARNET DE SOCIO
E
INSCRIPCIÓN DE NOVOS SOCIOS
DA ANPA
"Fonte da Cristina"

Como sabedes ven de rematar o prazo de renovación de carnets de soci@s da ANPA "Fonte da Cristina" de cara o curso 2012-2013.
Este prazo que en principio se abreu para facilitar as familias a renovación e pago das cotas, non significa en absoluto que a partires de agora quen o desexe non poida ainda facerse socio da ANPA. Simplemente a partir de agora en lugar de facer o pago nas horas que se estableceran no aula de usos múltiples, o que terá que facer e poñerse en contacto connosco de calquera dos xeitos de costume (persoalmente ou mediante correo electrónico) e xa tramitaremos a renovacion ou alta de carnet de soci@.

- A cota de socio é de 10,00 €.


Unha aperta.

A Xunta Directiva.

lunes, 8 de octubre de 2012



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
ANPA “Fonte da Cristina”
Seguindo coa oferta de Actividades Extraescolares, e en vista de que na enquisa feita o curso pasado se demandaban actividades relacionadas con deportes de raqueta, despois de valorar as posibilidades que existen no Concello de Carballo, atopamonos que a única posibilidade real é a práctica do “Padel”, e dentro deste deporte o clube “3D3” sito no polígono de Bertoa achegounos a súa oferta, que vai dende a práctica do deporte en si nas súas instalacións ata a posibilidade de cursos de iniciación e perfeccionamento con monitores con título nacional.
Os prezos son moi diversos, e oscilan entre os 1,5€ e 3,5€ por sesión (hora e media), para a práctica do Padel, ou os 24,00€ mensuales para cursos, que constarían de unha clase semanal, e no prezo incluiríanse o uso das instalacións,un monitor con tútulo nacional, así como o material (raquetas, pelotas, etc).
Estes prezos solamente son orientativos xa que en función dos nenos interesados, poderían variar, e ademais o clube ofertanos para a xente interesada unha “clase” inicial gratis, para que cada quen valore se lle interesa ou non.
As instalacións constan de 5 pistas de Padel cubertas, que acaban de ser estreadas, así como vestiarios, cafetería, etc. (www.3d3padel.com)
O que nos gustaría coñecer é o número de nen@s que estaría interesada en asistir a estas clases, ou no seu caso a prácticar Padel directamente, para poder valorar a posibilidade de facer grupos, etc. Para elo precisamos que dende hoxe e ata o día 20 de outubro no lo fagades saber, ben directamente a calquera membro da ANPA ou ben por correo electrónico.