Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

viernes, 18 de octubre de 2013

Seguro de accidentes para @s cativ@s Curso 2013-2014

Queridas familias:

Queremos comunicarvos que os vindeiros luns 21 e martes 22 de outubro, na sala de servizos múltiples do colexio, en horario de 09:05 a 09:30 horas, aquelas familias que o desexen poden suscribir o seguro colectivo de accidentes para as súas nenas e os seus nenos.
Lembrade que todos aqueles nenos que están realizando Actividades Extraescolares organizadas pola ANPA, xa están suscritos no mesmo seguro de accidentes, polo cal non é preciso que veñades a iscribirvos outra vez.
O custo anual do seguro son 6,00 €, no caso de quen participa nas Actividades Extraescolares da Anpa, xa sabedes que llo suscribe a ANPA de balde.

Graciñas e unha aperta para tod@s.


O Pedibus tamén na Cristina

A ANPA "Fonte da Cristina", ven de solicitar ó Concello de Carballo, a súa inclusión dentro do programa Pedibús, que pretende mellorar a movilidade en Carballo, e que as nenas e nenos da vila camiñen á escola cada día.
Este programa xa botou a andar no colexio Fogar de Carballo fai poucas datas, a idea e que na semana que ven se teñan os primeiros contactos co Concello, según se acordou con Xosé Regueira (Concelleiro de Xestión Municipal, Promoción Económica e Normalización Lingüística) que é a persoa que está coordinando a implantación do "Pedibús" en Carballo.
En vindeiras datas, reclamarase a participación das familias, para levar a cabo esta bonita iniciativa na que @s cativ@s son @s protagonistas, e que de seguro agradecerán as nosas rúas e tamen o medio ambiente.

Seguiremovos informando.

Unha aperta.

miércoles, 29 de mayo de 2013

As merendas dos nosos cativos

Hoxe  mércores tivo lugar na Cristina un Consello Escolar, no que entre outras cousas se debateu un punto relacionado coas "merendas de Infantil", ainda que tamén poderíamos extrapolalo ó resto de cursos do colexio, a petición da nosa compañeira Eva . Entre outras cousas deixouse sobre a mesa a posibilidade de facer algunha xuntanza ou xornada formativa sobre a nutrición e a alimentación d@s nos@s cativ@s, ó que a ANPA se quere sumar. 
Esperamos que en vindeiras datas poidamos concretar algo mais, do cal vos iremos informando.

A Cristina co San Luis Romero

Nestes días en Carballo, temos mais presente ca nunca ó colexio San Luis Romero, nos querémonos sumar ó apoio a este colexio veciño en todos os sentidos. A ANPA Fonte da Cristina leva mantido diversas xuntanzas durante o presente curso coa ANPA deste centro ó igual que coas demais do Concello de Carballo, nelas debateronse cousas do día a día dos nosos colexios e outras que trascenden mais ala de cada un de nos, e para nos foi un autentico pracer poder traballar con eles, so esperamos que eles poidan decir o mesmo de nos. 

Unha aperta

sábado, 18 de mayo de 2013

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA ANPA "Fonte da Cristina"

A ANPA “Fonte da Cristina” convoca a todos os socios á unha Asemblea Extraordinaria, a celebrar o vindeiro xoves día 30 de maio de 2013, no ximnasio do colexio, as 18:00 horas en primeira convocatoria, e 18:30 en segunda se fose preciso.

ORDE DO DIA:

  1. Lectura do Acta da anterior Asemblea e aprobación da mesma se procede.
  2. Información sobre Actividades Extraescolares de cara o vindeiro curso 2013-2014, avaliación das existentes.
  3. Organización se procede da festa de fin de curso 2012-2013 o vindeiro mes de Xuño (propostas, colaboracións, horarios, etc.).
  4. Eleccións da ANPA, renovación de cargos o vindeiro mes de setembro, organización interna da mesma, etc.
  5. Cambios no profesorado do colexio de cara o vindeiro curso, analise da realidade existente.
  6. Rolda de intervencións (rogos e preguntas).

miércoles, 15 de mayo de 2013

Resultados da Xornada de Folga no Ensino e Concentración e manifestación en Carballo contra a LOMCE

Neste enlace podedes ver unha mostra do resultado das concentracións contra a LOMCE, que tiveron lugar o xoves pasado día 9 de maio na Costa da Morte.
 Animarvos a todos a que loitedes por un ensino público de calidade para @s nos@s cativ@s, e que vexades que as mostras de apoio como a do pasado xoves non quedan no olvido, xa que foron reflexadas en toda a prensa local e rexional.
Unha aperta. 

miércoles, 1 de mayo de 2013

A Federación de ANPAS de Centros Públicos da Costa da Morte contra a LOMCE

http://www.fedanpas.org/2013/05/continuamos-coas-charlas-debate-sobre-a-lomce-e-caminamos-cara-a-xornada-de-folga/
Segundo imos avanzando no tempo, máis persoas e anpas están interesadas en coñecer os contidos da LOMCE. Xa dedicamos varias xornadas a explicar e debater sobre este terríble anteproxecto chamado Lei de “Mellora da Calidade no Ensino”. Estivemos en Carballo, Zas, Betanzos…
Onte celebramos as xornadas na Laracha, en colaboración coas anpas “O Acevo” do Otero Pedrayo e “Manuel Murguía” do IES Agra de Leborís. Cando comezamos había unhas 55 persoas e aos 15 minutos superamos o centenar de asistentes.
Que significa isto?
que son moitas as nais e pais preocupadas pola aprobación deste proxecto antieducativo, contrario aos intereses das nosas fillas e fillos, das familias e dos profesionais do ensino. Entendese o lóxico malestar das persoas asistentes e participantes no posterior debate, ao comprender o seu significado  (sacar do ensino ao alumnado das familias sen demasiado poder adquisitivo).
Como dixeron a Loli  Fenández e María Rei (presidenta da anpa do IES da Laracha e  ponente, respectivamente) o obxectivo da charla é informar do que se pretende aprobar con esta lei. Pero non debemos quedarnos só coa preocupación, debemos crear a suficiente masa crítica para impedir que traten ás nosas fillas e fillos como ovellas camiño á desescolarización.
Nós non paramos, seguiremos celebrando máis conferencias: Arteixo, CEE, Vimianzo…e participaremos nas manifestacións e concentracións organizadas pola Plataforma Galega en defensa do Ensino Público. Nas nosas comarcas están convocadas dúas concentracións para a xornada de loita do 9 de maio, en Carballo e CEE, ás 11:30 horas. Temos razóns dabondo!
Non vos quededes na casa. Estes ataques contra o ensino público, contra o futuro das nosas fillas e fillos non debe adormecernos, debemos REBELARNOS!

jueves, 11 de abril de 2013

EXPOSICIÓN DE XOGUETES NA CRISTINA




Hola familias:

xa fai case un ano que a ANPA coa colaboración de numerosas familias organizara unha exposición de “trebellos” e fotografías antigas no colexio, para que os nosos nenos votaran a vista atrás, ós tempos nos que os seus pais tamén andaban na escola.
Pois ben este ano, e para darlle unha voltiña mais a infancia dos mais vellos da familia, queríamos propoñervos unha pequena exposición na que lle amosásemos @s cativ@s os xoguetes que usaban os seus pais. Por isto queremos contar de novo coa vosa colaboración.
A exposición está previsto facela no corredor da entrada do colexio, na semana do 6 ó 10 de maio, aínda que é posible que se prolongue. Con este fin queríamos pedirvos que dende hoxe e ata finais de abril, nos acheguedes aqueles xoguetes que aínda conservades da vosa infancia ou xuventude, de seguro que @s nos@s pequen@s lles fará moita ilusión. Non importa o estado no que se atopen, o importante é que @s pequen@s poidan ter outra perspectiva de cómo se pode xogar e divertirse.
Xa sabedes, podedes facerlle chegar a calquera membro da ANPA os vosos xoguetes, ou deixárllelos ó conserxe á nosa atención.
Grazas por anticipado e unha aperta.    

miércoles, 20 de marzo de 2013

Aberto a partir do 5 de abril o período de reserva de praza para a admisión do alumnado en centros de 2º ciclo de Educación Infantil e de Primaria

Bos días:

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de Bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Segundo o calendario da administración autonómica, os prazos son os seguintes:
  • Reserva de praza: do 18 ao 22 de marzo
  • Publicación de vacantes: 4 de abril
  • Presentación de solicitude de admisión: do 5 ao 17 de abril
  • Presentación da documentación xustificativa: do 22 de abril ao 3 de maio
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos en non admitidos: até o 10 de maio
  • Publicación das listaxes definitivas: antes do 31 de maio
  • Formalización de matrícula en Educación Infantil e Educación Primaria: do 20 ao 30 de xuño
  • Formalización de matrícula en ESO e Bacharelato: do 25 de xuño ao 10 de xullo
  • Prazo extraordinario de matrícula ESO e Bacharelato: do 1 ao 10 de setembro

Os interesados e interesadas poden consultar toda a documentación relacionada, así como a Orde do 12 de marzo ao completo, o calendario e os formularios de solicitude nunha ligazón neste mesmo aviso.
 Unha aperta

 

Atletismo en pista "Programa Xogade"

Queremos recordar a aquel@s nen@s que están iscritos na actividade de atletismo que organiza a ANPA, que durante este mes de marzo e abril estanse a celebrar distintas probas de atletismo en pista dentro do programa "Xogade".
A primeira tivo xa lugar o día 16 de marzo en Elviña ( A Coruña), a segunda será o día 6 de abril en Narón, e a terceira o día 20 de abril en Elviña ( A Coruña). Por datas e proximidade a que nos queda mellor é a do 20 de abril en Elviña. Así @s nen@s inscritos na Actividade de atletismo que queiran participar nestas probas poderano facer. Poderán asistir coa Agrupación Deportiva Fogar, que como ben sabedes é a que imparte esta Actividade no colexio.
A Agrupación Deportiva Fogar inscribirá @s nen@s que desexen asistir, eles encargaranse da organización do desprazamento ainda que tentaremos que tamén asista alguén da ANPA.
Por favor, aquel@s nen@s que estean interesados que nolo vaian indicando, ainda que antes do día 10 de abril terán que entregarnos un xustificante firmado polos seus pais ou titores no que se autorice dita participación.

Ata logiño, seguirémovos informando.

jueves, 7 de febrero de 2013

COMEZO DAS ACTIVIDADES DE FUTBOL E ATLETISMO





Neste comezo de ano 2013 deron comezo as Actividades de Fútbol e Atletismo.
Estas actividades están organizadas pola ANPA “Fonte da Cristina”, e subencionadas en parte polo Padroado Deportivo Municipal do Concello de Carballo, estarán impartidas por monitores das Escolas Luis Calvo Sanz e Agrupación Deportiva Fogar respectivamente.

O horario plantexado será o seguinte:

Fútbol:

  •  Luns     : De 17:00 a 18:00 horas
  • Venres  : De 17:00 a 18:00 horas 

Atletismo: 
  • Martes : De 16:00 a 17:00 horas

Deste xeito ofertaranse dúas horas semanais de fútbol, e o custo para cada nen@ será de 5,00 € ó mes, respecto ó atletismo será unha hora semanal e será de valde para os nenos inscritos.
Xa hai algúns nen@s que formalizaron a súa inscripción, e estamos no proceso de formación de grupos, ata o de agora quen o desexe pode inscribirse ainda.

En Carballo a 7 de febreiro de 2013