Hola familias:
xa fai case un ano que a ANPA coa
colaboración de numerosas familias organizara unha exposición de “trebellos” e
fotografías antigas no colexio, para que os nosos nenos votaran a vista atrás,
ós tempos nos que os seus pais tamén andaban na escola.
Pois ben este ano, e para darlle unha voltiña mais a
infancia dos mais vellos da familia, queríamos propoñervos unha pequena
exposición na que lle amosásemos @s cativ@s os xoguetes que usaban os seus pais. Por isto queremos contar de
novo coa vosa colaboración.
A exposición está previsto facela no corredor da entrada
do colexio, na semana do 6 ó 10 de maio, aínda que é posible que se prolongue.
Con este fin queríamos pedirvos que dende hoxe e ata finais de abril, nos
acheguedes aqueles xoguetes que aínda conservades da vosa infancia ou
xuventude, de seguro que @s nos@s pequen@s lles fará moita ilusión. Non importa
o estado no que se atopen, o importante é que @s pequen@s poidan ter outra
perspectiva de cómo se pode xogar e divertirse.
Xa sabedes, podedes facerlle chegar a calquera membro da
ANPA os vosos xoguetes, ou deixárllelos ó conserxe á nosa atención.
Grazas por anticipado e unha aperta.