Venvida

Benvidos ó Blog das familias do CEIP "A Cristina" de Carballo, sentídevos cómodos, estades na vosa casa.

miércoles, 29 de mayo de 2013

As merendas dos nosos cativos

Hoxe  mércores tivo lugar na Cristina un Consello Escolar, no que entre outras cousas se debateu un punto relacionado coas "merendas de Infantil", ainda que tamén poderíamos extrapolalo ó resto de cursos do colexio, a petición da nosa compañeira Eva . Entre outras cousas deixouse sobre a mesa a posibilidade de facer algunha xuntanza ou xornada formativa sobre a nutrición e a alimentación d@s nos@s cativ@s, ó que a ANPA se quere sumar. 
Esperamos que en vindeiras datas poidamos concretar algo mais, do cal vos iremos informando.

A Cristina co San Luis Romero

Nestes días en Carballo, temos mais presente ca nunca ó colexio San Luis Romero, nos querémonos sumar ó apoio a este colexio veciño en todos os sentidos. A ANPA Fonte da Cristina leva mantido diversas xuntanzas durante o presente curso coa ANPA deste centro ó igual que coas demais do Concello de Carballo, nelas debateronse cousas do día a día dos nosos colexios e outras que trascenden mais ala de cada un de nos, e para nos foi un autentico pracer poder traballar con eles, so esperamos que eles poidan decir o mesmo de nos. 

Unha aperta

sábado, 18 de mayo de 2013

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA ANPA "Fonte da Cristina"

A ANPA “Fonte da Cristina” convoca a todos os socios á unha Asemblea Extraordinaria, a celebrar o vindeiro xoves día 30 de maio de 2013, no ximnasio do colexio, as 18:00 horas en primeira convocatoria, e 18:30 en segunda se fose preciso.

ORDE DO DIA:

  1. Lectura do Acta da anterior Asemblea e aprobación da mesma se procede.
  2. Información sobre Actividades Extraescolares de cara o vindeiro curso 2013-2014, avaliación das existentes.
  3. Organización se procede da festa de fin de curso 2012-2013 o vindeiro mes de Xuño (propostas, colaboracións, horarios, etc.).
  4. Eleccións da ANPA, renovación de cargos o vindeiro mes de setembro, organización interna da mesma, etc.
  5. Cambios no profesorado do colexio de cara o vindeiro curso, analise da realidade existente.
  6. Rolda de intervencións (rogos e preguntas).

miércoles, 15 de mayo de 2013

Resultados da Xornada de Folga no Ensino e Concentración e manifestación en Carballo contra a LOMCE

Neste enlace podedes ver unha mostra do resultado das concentracións contra a LOMCE, que tiveron lugar o xoves pasado día 9 de maio na Costa da Morte.
 Animarvos a todos a que loitedes por un ensino público de calidade para @s nos@s cativ@s, e que vexades que as mostras de apoio como a do pasado xoves non quedan no olvido, xa que foron reflexadas en toda a prensa local e rexional.
Unha aperta. 

miércoles, 1 de mayo de 2013

A Federación de ANPAS de Centros Públicos da Costa da Morte contra a LOMCE

http://www.fedanpas.org/2013/05/continuamos-coas-charlas-debate-sobre-a-lomce-e-caminamos-cara-a-xornada-de-folga/
Segundo imos avanzando no tempo, máis persoas e anpas están interesadas en coñecer os contidos da LOMCE. Xa dedicamos varias xornadas a explicar e debater sobre este terríble anteproxecto chamado Lei de “Mellora da Calidade no Ensino”. Estivemos en Carballo, Zas, Betanzos…
Onte celebramos as xornadas na Laracha, en colaboración coas anpas “O Acevo” do Otero Pedrayo e “Manuel Murguía” do IES Agra de Leborís. Cando comezamos había unhas 55 persoas e aos 15 minutos superamos o centenar de asistentes.
Que significa isto?
que son moitas as nais e pais preocupadas pola aprobación deste proxecto antieducativo, contrario aos intereses das nosas fillas e fillos, das familias e dos profesionais do ensino. Entendese o lóxico malestar das persoas asistentes e participantes no posterior debate, ao comprender o seu significado  (sacar do ensino ao alumnado das familias sen demasiado poder adquisitivo).
Como dixeron a Loli  Fenández e María Rei (presidenta da anpa do IES da Laracha e  ponente, respectivamente) o obxectivo da charla é informar do que se pretende aprobar con esta lei. Pero non debemos quedarnos só coa preocupación, debemos crear a suficiente masa crítica para impedir que traten ás nosas fillas e fillos como ovellas camiño á desescolarización.
Nós non paramos, seguiremos celebrando máis conferencias: Arteixo, CEE, Vimianzo…e participaremos nas manifestacións e concentracións organizadas pola Plataforma Galega en defensa do Ensino Público. Nas nosas comarcas están convocadas dúas concentracións para a xornada de loita do 9 de maio, en Carballo e CEE, ás 11:30 horas. Temos razóns dabondo!
Non vos quededes na casa. Estes ataques contra o ensino público, contra o futuro das nosas fillas e fillos non debe adormecernos, debemos REBELARNOS!